Non só na Arousa, o Día Mundial do Medio Ambiente este ano é diferente.
O 5 de Xuño doutros anos, fixemos cousas xuntas, como recollidas de lixo na praia, excursións ou obradoiros de reparación de bicis…
Este ano, coa situación da pandemia aínda non podemos.
Pero non quita que nos xuntamos, aínda virtualmente, con Pepo, a nosa mascota de Medio Ambiente, para dar un paseo na bellisima Arousa e reflexionar sobre como a cuidamos mellor.
En menos de cinco minutos damos unha voltiña na illa e tratamos temáticas relevantes para a colaboración da súa xente. Reflexionamos sobre a contaminación, as cabichas, a horta, as malditas toalliñas, a separación do lixo, a compostaxe, os nosos espazos naturais protexidos e máis.
Pepo aproveita tamén para repetir o chamamento de cubrir a enquisa sobre o uso da enerxía nos folgares da Illa de Arousa online, que forma parte do estudo enerxético para a elaboración da Axenda da Transición Enerxética. A Illa forma parte do proxecto europeo «Clean Energy for EU Islands» e a presentación da axenda, planificada para maio, foi aplazada por mor das consequencias do COVID-19 ata otoño.
Imos celebrar o día do Medio Ambiente este ano compartindo ese video con Pepo na páxina web do Concello de A Illa de Arousa, no TokApp e na páxina de facebook do Equipo «Arousa en Transición» e invitamos a compartirlo tod@s.