Queremos informar que con motivo da conmemoración do día internacional do Medioambiente o vindeiro martes 5 de xuño temos previsto unha mañán moi viva na praza do Regueiro:

1) A partires das 11 da mañán os alumnos do Colexio Torre Illa instalarán tres mesas informativas coas temáticas da auga, dos plásticos e do illote O Areoso.

2) Ademáis imos ter paralelamente unha mesa informativa da Cofradía da Illa de Arousa sobre o proxecto da mina de Touro – O Pino, co fin de mobilizar para a manifestación en Santiago o domingo 10 de xuño.

3) Xa dende o luns queda instalada na praza un Punto Limpo Móbil, facilitado pola empresa adxudicataria da recollida do lixo Valoriza, para concienciar sobre a correcta xestión dos residuos domésticos e a súa reciclaxe, facilitando ao vecindario a entrega de materiais e aparatos obsoletos neste punto durante os días desta semana.

O Concello da Illa de Arousa espera que ese día sirva para concienciarnos sobre a importancia do coidado do Medioambiente e para seguir traballando ao favor da sostentabilidade na nosa vida todos os días.

A Concelleira de Medio Ambiente e Participación Cidadá do Concello de A Illa de Arousa.