A continuación poderedes descargar a folla de inscrición para anotarse no curso.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN AO CURSO (pdf. 377kb)

– Curso: “Prevención e atención á dependencia».

– Entidades organizadoras: Deputación de Pontevedra e Concello de A Illa de Arousa.
– Lugar de celebración: Concello de A Illa de Arousa.
– Persoas destinatarias: Homes e mulleres coidadores/as de persoas dependentes e demais persoas interesadas.– Nº participantes: ata un máximo de 20 persoas.– Prazo de inscripción: do 1 ao 14 de decembro de 2015 nos Servizos Sociais do Concello da Illa de Arousa. Tamén se pode adxuntar a solicitude por e.mail ao seguinte enderezo: ssociais@ailladearousa.es
– Data de inicio do curso: Mércores 16 de decembro de 2015 ás 19 horas.
– Duración: 25 horas.
– Docente: Thais Núñez.
Os obxectivos que plantexamos con esta formación, son:

– Ofrecer coñecementos sobre o autocoidado.– Proporcionar técnicas e estratexias que lle permitan á persoa coidadora a adquisición de habilidades para o manexo da frustración e a resolución de situacións conflitivas.

–  Manexar técnicas de prevención para conservar os distintos niveis de autonomía que presentan as persoas dependentes.

– Ampliar a oferta de actividades para a animación doméstica.

– Adquirir coñecementos básicos sobre a atención sociosanitaria.

– Compartir un lugar de intercambio e de axuda mutua.