Dende as 00:00 do Xoves 17/12/2020 o noso termo municipal atópase baixo restriccións, en nivel MEDIO-ALTO, decretado polo Comité Clínico da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia o que supón:

  • PECHE PERIMETRAL: non é posible saír nin entrar do municipio, sen causa xustificada.
  • Restrición horaria nocturna de 23:00 a 6:00 h.
  • Aforo do comercio ao 50%.
  • As reunións sociais permítense cun límite de 4 persoas, ainda as non conviventes en tódolos ámbitos.
  • Apertura da hostalería con un 30% de aforo interior e un 50% de aforo exterior, ata as 17:00 horas con un grupo máximo de 4 persoas, conviventes ou non.
  • En canto ás actividades municipais, da Fundación Deportiva Municipal e Escola de Música, quedan canceladas.
  • Os parques infantís permanecerán pechados.
  • O mercado municipal, salvo os posto de alimentación, queda cancelado.
  • Tamén quedan canceladas as actividades de Nadal organizadas polo concello.

Lembremos ademais as obrigas de uso de máscaras, distanciamiento social e lavado de mans con solucións hidroalcohólicas, incluso nas rúas. Recoméndase a correcta ventilación de espazos interiores.

Pedimos un esforzo e responsabilidade a todas as veciñas e veciños en aras de poder paliar esta nefasta situación.