O Concello de A illa de Arousa invita o tódolos veciños e visitantes a presenciar o tradicional Concerto Fin de Ano. Poderán desfrutar das actuacións da Banda de Música Illa de Arousa e da Coral Polifónica Municipal Illa de Arousa.

A entrada será de balde e todo aquel que o desexe poderá colaborar con Cáritas na recollida de alimentos. Desde o Concello animamos a colaborar para que os veciños máis desfavorecidos poidan desfrutar desta época de Nadal.

Data: Luns 28 de Decembro

Lugar: Auditorio Municipal da Illa de Arousa

Hora: 20:00 h

Entradas de balde