O martes 24 de outubro 2020 presentouse no Salón de Plenos a Axenda 2030 para a Transición Enerxética na Illa de Arousa, elaborado durante o pasado ano polo equipo transversal e participativo “Arousa en Transición”, nunha rolda de prensa semipresencial, con conección dixital por mor da pandemia.

Mostrouse tamén o video preparado para o Foro das Illas Europeas para as Enerxías Limpas, onde Arousa participa activamente dende que foi elexía en 2019 como unha das illas pioneiras na Transición Enerxética (euislands.eu) co obxectivo das preparación da súa folla de ruta cara as enerxías renovables, deseñado por e para a comunidade local e a partir dunha análise dinámica actual, proporcionando unha visión compartida dos diferentes axentes implicados da comunidade insular.

Este documento é a primeira versión da Axenda de Transición hacia as Enerxías Limpas da Illa de Arousa. Un documento vivo coas estratexias iniciais para comezar a traballar dende os diferentes sectores da comunidade. Os proxectos e actuacións propostas nela, estructúranse en seis piares esenciais no proceso da transición enerxética para a descarbonización e a mitigación dos efectos do cambio climático.

A publicación das axendas prodúcese cando os responsables da toma de decisións da UE e os representantes da comunidade de illas da UE reúnense no foro en liña de Enerxía limpa para as illas da UE para discutir o futuro da comunidade de illas da UE.

A comisaria europea de Enerxía, Kadri Simson, dixo:

«Estas axendas de transición son un testemuño do traballo duro e das fructíferas colaboracións entre os insulares, tanto dentro das súas comunidades como a través das fronteiras. Foi realmente inspirador ver o que é posible cando a xente local ten o poder e o apoio para escribir o seu propio futuro. Estamos ansiosos por continuar a cooperación coas comunidades insulares da UE para facer realidade o acordo verde europeo, tanto a través desta iniciativa como doutras accións da UE para apoiar unha transición enerxética impulsada localmente «.

Páxina web do Equipo da Transición de Arousa, onde encontrar a axenda, o video e máis información: https://sites.google.com/view/arousatransicionenerxetica/inicio

Tamén pdemos seguirlles por facebook e twitter: “Arousa en Transición”.

O Futuro comeza hoxe, queda moito pa facer.

Axenda_A ILLA DE AROUSA_IX-2020

link: https://euislands.eu/video-library