A Conta Xeral de 2013 foi aprobada no pleno do pasado 4 de setembro xunto con outros asuntos, como unha modificación do crédito para que o Concello poida aportar 18.000 euros á reforma da Praza de Abastos e a compra dunha caldeira de biomasa para o campo de A Bouza.
En canto ó estado das contas, o anterior exercicio cerrouse cun saldo positivo de 605.00 euros.
O alcalde, Manuel Vázquez, explicou que o presuposto do exercicio anterior quedou axustado, os informes fiscalizadores foron favorables e cumpriuse coa estabilidade presupostaria esixida polas administracións; sin ter que acudir a ningún plan de axuste.
E é que a Conta Xeral cerrouse cun resultado positivo de 605.000 euros e ademais, o remanente da tesourería alcanzou os 2,7 millóns de euros, tras facer os axustes necesarios. No relativo á deuda, o rexidor indicou que se irá amortizando ata situala nun 34%, moi por debaixo do máximo legal.
O Pleno tamén aprobou una modificación do presuposto deste ano para invertir na mellora da Praza de Abastos e na compra dunha caldeira de biomasa, que teñen un presuposto de 25.000 e 37.000 euros, aproximada e respectivamente. A Xunta concedeu ó Concello sendas axudas para financialas que ascenden a 16.000 e 28.000 euros, mentras que o restante terá que aportarse desde as arcas municipais.