Por Decreto de Alcaldía de data 16 de xuño de 2017 aprobouse a lista provisional de aspirantes admitidos e excluidos no proceso selectivo para a cobertura mediante oposición libre de unha praza de Policía Local vacante na plantilla de persoal funcionario deste Concello, que se transcribe a continuación:
“”Vistas as bases da convocatoria para a provisión mediante oposición libre, de unha praza correspondente á plantilla de persoal funcionario, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, grupo C1 e ca denominación de Policía Local, aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local de data 31 de marzo de 2017 e publicadas no BOP nº 71 de 11 de abril de 2017, extracto da convocatoria no DOG nº 75 de 19 de abril de 2017 e BOE nº 106 de04 de maio de 2017.
Vistas as solicitudes presentadas polos aspirantes.
Por medio da presente
R E S O L V O
1.—Aprobar a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, insertando a mesma no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Taboleiro de Edictos do Concello de A Illa de Arousa:

LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS: PRAZA POLICÍA LOCAL