O martes 23 de Agosto celebrouse unha ANDAINA SAUDABLE dentro do programa de actividades da XII Festa do Deporte da Fundación Deportiva Municipal de A Illa de Arousa.
A saída tivo lugar na Praza do Regueiro e a ruta transcurriu pola cara suroeste da Illa. Foi unha experiencia moi bonita para os participantes, xa que discorreu por camiños, que como eles dicían facía moitos anos que non pasaban por alí.
A distancia final do percorrido foi de case 7 km. Ao regreso, de novo na Praza do Regueiro fixemos unha clase de fitness, onde se executaron exercicios de tonificación e bailouse para rematar a sesión.
Des de a Fundación Deportiva Municipal queremos agradecer a participación a tódolos veciños que nos acompañaron nesta actividade da Festa do Deporte.
Debaixo destas liñas podedes ver o percorrido realizado e unha serie de fotos da clase de fitness que fixeños ao finalizar.