Este mércores 22 de xuño tivo lugar a presentación do festival Atlantic Fest na Illa de Arousa. A cita comezou ás 12:00 horas a bordo dun barco pesqueiro que saíu dende o embarcadoiro do Porto do Xufre e achegouse ata a zona de bateas.

Á presentación acudiron Carmela Silva e Carlos Iglesias, ademáis doutros representes tanto da Deputación de Pontevedra como do Concello de A Illa de Arousa. Ademáis asistiu o director do festival, Antonio Caneda e representantes de Agadic, Galicia Calidade, Estrella Galicia, Movistar e GALP (Grupo de Acción Local de Pesca).

O festival desenvolverase entre os días 1 e 3 de xullo no concello da Illa de Arousa e contará coas actuacións de, entre outras e outros, Xoel López, Nacho Vegas, José González ou Temples.