A Fundación DEPORTIVA MUNICIPAL A Illa de Arousa, dará comezo o vindeiro luns ás actividades de Semana Santa que están preparadas para chegar a tódalas idades.
110 cativos entre os 3 e os 12 anos participarán dalgunha das AVENTURAS PIRATAS en o Carreirón entre o luns e o mércores da semana Santa acompañados polos 3 monitores da Fundación Deportiva (Paula, María e Ramón).
55 nenos de 3 a 6 anos estarán distribuídos en 2 grupos o martes de 10:30 a 12:00 e de 12:00 a 13:30h.
35 nenos entre os 7 e os 9 anos o luns e o mércores de 10:30 a 12:00 h
E 20 nenos entre os 10 e os 12 anos irán o luns e mércores de 12:00 a 13:30h.
Tamén haberá cabida para os rapaces do Instituto posto que contarán cunhas xornadas multideportivas de portas abertas no pavillón do colexio Torre Illa. Esta actividade serán o luns e o martes de 16:00 a 19:00 h e non fai falta apuntarse para poder participar.
Por último, os maiores de 16 anos, tamén contarán cunha xornada alternativa de portas abertas o mércores día 1 de abril entre as 21:30 e as 24:00h.
As Actividades para adultos que se desenvolven dende a Fundación todo o ano seguirán tamén durante estes 3 días da semana santa, co cal contaremos con mais de 300 persoas facendo deporte coa Fundación nos 3 días.