Debido ao éxito do ano pasado, estas vacacións de Semana Santa imos repetir A Aventura Pirata en O Carreirón.

Para os nenos de Primaria vamos a ter dúas aventuras no Parque natural: unha o día 21 e outra o mércores 23 de 10:30 a 12.00 para os que están en 1º, 2º e 3º de primaria e de 12:00 a 13:30 para os que están en 4º, 5º ºe 6º de primaria. Faremos probas e búsquedas de tesouros de auténticos piratas.

Para os máis cativos de Educación Infantil,  quedaremos para a II Aventura Pirata o martes día 22 de marzo de 10:30 a 12:00 para os que teñan 3 e 4 anos e de 12:00 a 13:30  para os que teñan 5 e 6 anos.

Esperámosvos en Carreirón, e en caso de choiva, a Aventura Pirata será no Pavillón do Colexio Torre – Illa.
A continuación poderedes descargar os formularios de inscricción: