A Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa volve a organizar unha Actividade Saudable ao aire libre, esta vez “Andaina o Bao – Carreirón + clase de tonificación ” o Domingo 30 de Novembro. Trátase de sacar proveito da fabulosa paisaxe costeira de A Illa de Arousa á vez que loitamos contra o sedentarismo, un dos factores de risco na sociedade actual.
Deberás ser maior de 18 anos para poder participar.
Deberás entregar a inscrición na oficina da Fundación Deportiva Municipal, no segundo andar do Concello, antes do Mércores 26 de Novembro.
A saída será o Domingo 30 de novembro ás 10 da mañá dende O Bao… Procura chegar un pouco antes!
O Percorrido son Aproximadamente 7 km + unha sesión de tonificación en mans dos monitores da Fundación Deportiva (María Paredes e Ramón Regueira).
Co que contamos voltar ao Bao sobre as 12:30h.
O material aconsellado para realizar esta actividade:
– Roupa e calzado cómodos e adecuados
– Bebida para a correcta hidratación
– En función da climatoloxía… un chuvasqueiro.
PERCORRIDO
O Bao – Carreirón – Volta ao perímetro de O Carreirón – Parada para unha sesión de tonificación – Regreso ao Bao – Finalización cuns alongamentos musculares.
CARTEL ANDAINA O BAO CARREIRÓN MAIS TONIFICACIÓN
INSCRICIÓN ANDAINA O BAO CARREIRÓN MAIS TONIFICACIÓN
