O vindeiro venres 15 de Abril todo aquel que o desexe poderá disfrutar da proxección da ópera «L´ELISIR D´AMORE» de Gaetano Donizetti.
‘L’elisir d’amore’ é unha comedia a medio camiño entre as tradicións rossiniana e napolitana. Nela, a ópera bufa evolucionou ata presentar pernonaxes humanas, con debilidades e sentimentos, emocións e fraxilidades. Nemorino, protagonista da historia, busca a axuda do charlatán Dulcamara para conseguir o amor da bela Adina, pero unha oportuna herdanza resultará máis eficaz que as cualidades do elixir do amor, cuio sabor resultaba sorprendentemente paracido ó viño de Burdeos.
Lugar: Auditorio Municipal de A Illa de Arousa
Data: Venres 15 de Abril
Hora: 21.00 h
Prezo: A entrada é GRATUITA
