O municipio de A Illa de Arousa conta cunha única parroquia, San Xulián, que agrupa ós seus 5.028 habitantes, dos cales 2.490 son homes e 2.538 son mulleres, segundo os últimos datos rexistrados do IGE (Instituto Galego de Estadística). En canto a distribución da poboación por idades cómpre destacar para a posterior análise os seguintes datos:
De 0 a 15 anos: 771 persoas
De 16 a 64 anos: 3.309 persoas
De 65 e máis anos: 948 persoas
A idade media dos arousáns é de 42,9 anos, polo tanto case 3 puntos máis xoven que a do conxunto de Galicia (45,6). Aínda así hai que dicir que a Illa de Arousa (o igual que a totalidade dos concellos galegos) está a vivir un proceso de envellecemento da súa poboación, debido a dous feitos principais: a caída da natalidade e o aumento da esperanza de vida.
Lugares da Illa: