TURISMO
Nesta concellaría traballamos cada día na procura de mellorar a conservación do noso patrimonio natural e cultural, o mantemento de praias e a estructuración de paseos e rutas para os nosos veciños e visitantes.
Pero para profundizar neste tema, invítovos a visitar a nosa web turismo de A Illa De Arousa.
As actuacións que se van a levar a cabo neste ámbitos son:
Manter as bandeiras azuis e os diferentes galardóns concedidos.
Crear unha imaxe distintiva de Turismo da Illa de Arousa.
Dotar de equipamento o Centro de Interpretación da Conserva e deseñar unha programación de talleres didácticos.
Apoiar as festas locais, a través de recursos materiais, humanos e económicos.
Procurar a declaración das festas locais como de Interese Turístico.
Dotar a Arousa de paneis informativos e sinalizar todas as sendas turístico-ambientais.