O Auditorio de A Illa de Arousa acolle o vindeiro 15 de Xuño a estrea do documental «Conversas en lata» sobre as conserveiras na Illa de Arousa.
Trátase dun traballo elaborado polos alumnos de 4ºC do Colexio CEIP Torre-Illa coas axuds das mestras e do mestre: Carlos Abraira, Mila Bouzón e María Cacheda. Coordinación, montaxe e música a cargo de Carlos Abraira.
O documental proxectarase en dous pases, o primeiro ás 19:00 e o segundo ás 20:00 horas.
A entrada será gratuita ata completar o aforo.
