O vindeiro sábado 29 de Outubro celebrarase a 5ª xoranada da Liga Nacional de Billarda (LNB), Conferencia Rías Baixas, na Illa de Arousa.

Por primeira vez disputarase unha xornada LNB neste concello. A LNB naceu no 2005 na Mariña de Lugo e pouco a pouco foise espallando pola xeografía galega. No 2011 creouse a Conferencia Rías Baixas, que abrangue as comarcas de O Salnés, Pontevedra, O Morrazo e Vigo.

Esta é unha liga aberta, o que significa que en calquera momento da temporada unha persoa pode participar formando parte dun equipo ou ben competindo sen equipo. Desde o principio de temporada están participando 9 equipos de 8 concellos de esas comarcas mencionadas. Un total de 108 persoas xa xogaron nesta Conferencia Rías Baixas. A asistencia media a cada xornada é de 70 persoas. Unha particularidade da LNB é que xogan mesturadas persoas de distintas idades, deste xeito, temos a unha muller de 82 anos como a persoa de maior idade de todas as conferencias LNB, e unha nena nacida en 2011 como a persoa de menor idade de toda a LNB.

Para xogar simplemente hai que acercarse ao lugar sinalado media hora horas da hora de comezo. Unha vez alí hai que inscribirse. Cada xogador e xogadora compite co seu propio material de xogo, mais para aquelas persoas que non o teñan a organización proporcionaralles o material reglamentario. Se non xoganas desde a tua infancia e crías que desaparecera o xogo, acércae ao Bao. Se cres que xa non estás en idade de xogar, acércate ao Bao e non te resistirás ó atractivo da Billarda. Será unha ocasión única para ver un espectáculo extraordinario. Son os deportistas e as deportistas do rural os que manteñen vivo no século XXi unha parte do patrimonio lúdico galego.