A Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa abre mañá sábado ás 12:00h á inscrición online (www.emesport.es) do CARREIRÓN 10K:
O Carreirón 10k, trátase dunha Carreira Popular que nace da iniciativa dun grupo de afecionados ao deporte e veciños de A Illa que, xunto coa Fundación Deportiva tentaron recuperar unha antiga Carreira que se celebraba no noso Municipio.
A Carreira terá lugar o vindeiro día 3 de Maio (Día da Nai) e terá un percorrido de 10,2km aproximadamente ocupando a meirande parte pola costa Norte de A Illa de Arousa pasando por lugares de gran beleza paisaxística como o Cabodeiro, Xufre, O Campelo, O Faro de Punta Cabalo, Area da Secada,…Polo tanto abranguerá diferentes tipos de terreo como Asfalto, paseo de madeira ou terra así como subidas e baixadas durante o percorrido.
A inscrición terá un custe de 5€ para o absoluto antes do 21 de abril e 7€ ata o 28 de abril, día de peche de inscricións.
Esta proba estará limitada aos 300 participantes.
Os trofeos serán os seguintes:
TROFEOS
1º , 2º E 3º CLASIFICADO XERAL MASCULINO
1º , 2º E 3º CLASIFICADO XERAL FEMININO
1º CARCAMÁN/A
MEDALLAS
4º E 5º CLASIFICADO MASCULINO E FEMININO
RAMO DE FLORES
1ª NAI
Tamén haberá carreiras para os mais pequenos que serán gratuítas e non haberá clasificacións posto que tódolos participantes contarán coa súa medalla. (consultar regulamento na páxina de www. emesport.es )
Tamén se poderá pedir información no correo electrónico fundacion@ailladearousa.es ou no 662300391.
A continuación poñemos a disposición de tódolos interesados o regulamento da carreira así como o percorrido e toda a información relativa a mesma. Aconsellamos que se lea, xa que nel figuran todas as normas para a participación.
