A Fundación Deportiva Municipal organiza unhas xornadas deportivas abertas a tódalas idades os vindeiros 30, 31 de Marzo e o 1 de Abril, é dicir, en plena Semana Santa para que tódolos rapaces da Illa se poidan achegar e participar.
A continuación detállanse as actividades e as idades comprendidas para cada unha delas.
Para os nenos de infantil e primaria Temos AVENTURA PIRATA EN O CARREIRÓN:
- Infantil (3, 4 e 5 anos): AVENTURA PIRATA EN O CARREIRÓN o martes día 31 de Marzo, de 11:00 a 13:00h
- Primaria (1º, 2º e 3º): AVENTURA PIRATA EN O CARREIRÓN o luns día 30 e o mércores día 1 de 10:30 a 12:00 h
- Primaria (4º, 5º e 6º): AVENTURA PIRATA EN O CARREIRÓN o luns día 30 e o mércores día 1 de 12:00 a 13:30 h
Para os nenos a partir de 12 anos XORNADAS MULTIDEPORTIVAS NO PAVILLÓN:
- A partir de 12 anos: XORNADAS MULTIDEPORTIVAS DE PORTAS ABERTAS luns día 30 e martes día 31 de Marzo de 16:00 a 19:00h. Os monitores da Fundación poñen á disposición instalación e material para a práctica de diferentes deportes, tenis de mesa, voley, balonmán, hokei,… PARTICIPA COS TEUS AMIGOS!!! E DECIDIDES A QUE XOGADES!!
- A partir de 16 anos: XORNADAS MULTIDEPORTIVAS DE PORTAS ABERTAS, Mércores día 1 de abril de 21:30 a 24:00 h. Os monitores da Fundación poñen á disposición instalación e material para a práctica de diferentes deportes, tenis de mesa, voley, balonmán, hokei… PARTICIPA COS TEUS AMIGOS!!! E DECIDIDES A QUE XOGADES!!
A continuación podedes descargar tanto o cartel das actividades como as follas de inscrición para as actividades da AVENTURA PIRATA.
INSCRICIÓN AVENTURA PIRATA 2015 INFANTIL
INSCRICIÓN AVENTURA PIRATA PRIMARIA
