Recursos Mariños A Illa de Arousa

A Illa de Arousa e o mar son compañeiros inseparables, e non só en termos xeográficos, xa que desde sempre os recursos mariños foron a principal fonte de ingresos dos arousáns.

a-illa-de-arousa-historia

Centos de anos de tradición pesqueira proporcionaron os coñecementos necesarios para o nacemento dunha tecnoloxía de pesca e cultivo punteira, capaz de obter productos da mellor calidade e  a súa vez xestionar, dunha forma eficaz, os recursos mariños, tanto narurais como cultivados. Cando se fala de xestión eficaz, cómpre resaltar, que as actividades no mar se realizan garantindo a sostenibilidade dos recursos e a calidade dos productos.

BARCO-DE-CERCO

Por todo esto e moitos outros motivos (quizais derivados do carácter insular dos seus habitantes) pódese dicir que o mar e os seus recursos forman parte da propia idiosincrasia dos arousáns.

Non se pode falar dos recursos mariños da Illa de Arousa sen facer mención a industria mexilloneira, debido a gran producción das súas bateas, segundo moitos expertos , os de mellor calidade do mundo.

a-illa-de-arousa-batea

Como non podía ser doutra maneira o mar tamen é o “epicentro” das actividades deportivas e de recreo dos arousáns, xa que as súas augas son un paraíso para os amantes do submarinismo, da pesca e todo tipo de deportes náuticos.

submarinismo

dornas a vela