Servicios, Tráfico, Traballo e Mar D. Luís Arosa García

Estas son unhas das principales concellerías para o bo funcionamento deste concello.

– Saneamento público.

– Recollida de basuras, aceites e reciclaxes.

– Xestión e funcionamento do punto limpo en colaboración con medioambente.

– Sumidoiros.

– Mantemento de xardins, paseos, parques públicos.

– Limpezas xerais de rúas.

– Alumeado público e de obras.

– Mantemento do colexio publico Torre Illa.

– Mantemento e limpeza de praias e o seu entorno.

– Limpeza de montes e de toxo para evitar os lumes forestais.

– Mantemento e limpeza da praza de abastos.

As actuacións que se van a levar a cabo nestes campos son as seguintes:

  • Apoiar os sectores do mar.
  • Manter o Plan de Estímulo de Emprego e a Caixa de Financiamento Local.
  • Apoiar as actividades comerciais.
  • Renegociar coa Xunta a organización de obradoiros de emprego
  • Crear unha canle de comunicación directa coas intitucións para axilizar todos os trámites e demandas que teñas os veciños e veciñas.