Primeiramente agradecerlles o seu interese e a súa asistencia na Mesa de Participación da elaboración do PMUS Illa de Arousa, celebrada na Casa do Concello da Illa de Arousa o pasado día 27 de xuño de 2017.
Tal e como acordamos durante a mesa, o Concello da Illa de Arousa, coa intención de recoller todas as suxestións da cidadanía e axentes locais que integran o municipio, achega os seguintes documentos:
- Presentacións expostas polo equipo da asistencia técnica que está a elaborar o PMUS, co obxectivo de que sirva de base e orientación para cumprimentar a enquisa e os formularios pertinentes.
RESUMEN – POCS EBC PMUS (Medida 8) (EOSA)
- Enquisa e cuestionario de actuacións PMUS, dirixido a recoller as suxestións da cidadanía e axentes locais. A súa aportación nos dous formularios será de máxima interese para sentar as bases do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) da Illa de Arousa.
CUESTIONARIO DE ACTUACIÓNS PMUS V1
Estes documentos agradeceríamos foran cubertos e devoltos ás seguintes direccións:
o DE XEITO PRESENCIAL: No Concello da Illa de Arousa, onde Paz Parada será a persoa que canalizará as vosas aportacións.
o POR CORREO ELECTRÓNICO: Enviando a información pertinente a Daniel Fernández ou a José Baqueiro:
DANIEL FERNÁNDEZ: dfernadez@eosa.com
JOSÉ BAQUEIRO: jbaqueiro@eosa.com
Teléfono: 986 419 922
Novamente, agradecemos a súa interese e participación no proceso, esperando recibir a súa resposta antes da celebración da próxima Mesa de Participación o día 12 de Xullo de 2017.