A Fundación Deportiva Municipal de A Illa de Arousa tramita expediente para a seguinte contratación laboral temporal:
Un/ha TÉCNICO SUPERIOR EN ANIMACIÓN EN ACTIVIDADES FÍSICO DEPORTIVAS OU LICENCIADO/GRADO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE PARA IMPARTIR AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE INVERNO DA FUNDACIÓN.
Os interesados poderán consultar as bases na oficina da Fundación Deportiva (e no pdf adxunto a este anuncio) e presentar as súas solicitudes no prazo de 7 días naturais a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio nun xornal de tirada autonómica, é dicir, dende o 19/09/2014.