Turismo, Cultura e Deportes Dna. Rosa María Viana Rodríguez

CULTURA

Dentro das competencias desta concellería está velar pola boa xestión de:

  • Auditorio
  • Museo
  • Banda de música
  • Asociacións culturais
  • Historia/Personaxes
  • Normalización lingüistica
  • A Illa de Arousa WIFI

E para poder levalo a cabo temos previstas unha serie de actuacións para a súa mellora:

  • Acondicionar a Escola de Pau.
  • Ampliar os fondos da biblioteca municipal.
  • Apoiar as manifestacións artísticas locais.
  • Ofertar programación cultural de calidade en colaboración cos centros educativos e entidades culturais da Illa.
  • Colaborar con entidades e institucións na protección do patrimonio arqueolóxico local.

DEPORTES

  • Fundación deportiva municipal
  • Instalacións deportivas
  • Subvencións
  • Novas
  • Asociacións deportivas

Para os vindeiros anos a política as actuacións a seguir serán:

  • Construír un edificio náutico deportivo no Bao, que incluirá ximnasio e instalacións para piragüismo e dornas a vela, entroutros usos.
  • Potenciar a Fundación Deportiva.
  • Apoiar novos grupos deportivos.

TURISMO

Nesta concellería estamos cada dia a procura de mellorar no tema da conservación do noso patrimonio natural e cultural, o mantemento de praias, a estructuración de paseos e rutas para os nosos veciños e visitantes.

Pero para profundizar neste tema, invitovos a visitar a nosa web adicada únicamente ó turismo de A Illa De Arousa.

As actuacións que se van a levar a cabo neste ámbitos son:

  • Manter as bandeiras azuis e os diferentes galardóns concedidos.
  • Crear unha imaxe distintiva de Turismo da Illa de Arousa.
  • Dotar de equipamento o Centro de Interpretación da Conserva e deseñar unha programación de talleres didácticos.
  • Apoiar as festas locais, a través de recursos materiais, humanos e económicos.
  • Tramitar as festas locais como de Interese Turístico.
  • Dotar a Illa de paneis informativos e sinalizar todas as sendas turístico-ambientais.