Novas
Última tecnoloxía para o Obradoiro de Emprego Nordés
O convenio asinado polo Concello e a empresa Choiva facilitará a confección de complementos náuticos.
O Concello da Illa de Arousa ven de asinar un convenio coa empresa Choiva que permitirá os alumnos do Obradoiro de Emprego traballar con tecnoloxía avanzada para a impermeabilización de prendas. Deste xeito no módulo de confección de complementos náuticos ensinarase o funcionamento de maquinaria de soldadura de alta frecuencia para pegar as costuras das prendas. Trátase de maquinaria de última tecnoloxía, que precisa de man de obra moi especializada. |
O Concello
O Municipio
Qué visitar
|
