A Illa de Arousa posúe restos prerrománicos
que sinalan a existencia de poboación na illa xa dende
moi cedo, como o castro de Bufos.
Da época romana tense constancia dunha Vila Romana nas inmediacións da punta de As Nasas.
Un feito histórico importante da Illa
de Arousa tivo lugar no ano 929, cando Alfonso IV funda o mosteiro
de San Xián..
Se hai algún elemento que determina a historia do concello
é a súa condición de Illa e a súa
íntima relación co mar. Sendo o século
XIX clave neste senso, aínda que xa na idade media existían
importantes salinas. A Revolución Industrial e a riqueza
dos recursos pesqueiros da zona transforman a economía
da Illa e dos seus habitantes. A Illa transfórmase nun
importante centro conserveiro, instalándose nela a primeira
fábrica de conservas da Idade Moderna. Esta fábrica
foi fundada por D. Juan Godoy o cal achegou a técnicos
franceses para aumentar a produtividade e a calidade das conservas.
A Illa comenzou a exportar produtos cara Italia,
Francia, Alemaña e América gracias as melloras
produtivas introducidas por D. Juan Godoy na industria conserveira.
Ese éxito empresarial produciu a súa imitación
por parte de outros industriais que potenciaron as industrias
da conserva e de salazón na illa. A industria conserveira
chegou a ter once talleres dos que se conservan aínda
hoxe en día a súas chemineas.
Nas primeiras décadas da posguerra a
crise da sardiña produciu que as fábricas tivesen
que reconvertir a súa actividade e adicarse ó
marisqueo.
A Illa perdeu a súa condición
de concello coas reformas administrativas de 1873, e pasou a
formar parte do concello de Vilanova de Arousa, a cal recuperaría
no ano 1997.
Pero se hai un feito histórico realmente
memorable da historia contemporánea da Illa de Arousa
é a construcción da ponte que une a Illa co resto
da Comarca do Salnés a cal pertence.