|
Rueiro
O Tempo
Praias
|
Actualidade
Situada na ría do seu mesmo nome, a illa formou parte do municipio de Vilanova até a súa segregación para converterse en municipio dende o 1 de xaneiro de 1997.
A ponte construída en 1985 e que a une
en Vilanova coa estrada C-550 adéntranos nesta pequena
illa, tradicionalmente pesqueira, que ocupa unha extensión
de case 7 qm2. A construción de dita ponte, que por unha
banda privoulle dese máxico carácter insular,
supuxo por outra banda un maior desenvolvemento dos seus recursos
mariños (en torno a 400 bateas) e unha maior apertura
ao turismo que pode gozar dunha trintena de acolledoras praias
e practicar actividades acuáticas como a vela, a pesca,
etc.
Ademais do seu interese paisaxístico,
o Parque Natural do Carreirón, situado no sur da illa
forma parte do amplo "Complexo Intermareal Umia- O Grove",
recoñecido por varios organismos como zona húmida
e de protección de aves. Este parque posúe varios
ecosistemas (dunas, lagoa e marismas) con numerosas especies
endémicas.
Destaca o miradoiro de Con do Fornos, situado na parte norte da illa, dende onde se pode observar unha bonita vista de todo o municipio e da ría de Arousa.
Poboación
A Illa é un ‘sete' atracado na ría
e ten unha superficie de sete quilómetros cadrados aproximadamente.
Este Concello pertence á comarca de O Salnés e
ten unha poboación de 4.780 habitantes.
A Illa
Na bocana da ría de Arousa, unida a
terra por a ponte de O Vao, de 2qm de lonxitude, encóntrase
o único municipio insular de toda Galicia; A Illa de
Arousa.
Dos seus 7 qm2 tan só aparecen urbanizados
2, preservando así un valioso patrimonio natural, formado
por monte, marismas e lagoas, cunha rede de camiños que
permite acercarse sen maiores dificultades a calquera rincón
da illa.
Natureza e paisaxe
O municipio esconde lugares de gran valor ecolóxico
e paisaxístico,coma os arredores do faro, onde as rocas
esculpidas por lo mar e o vento evocan formas fácilmente
recoñecibles, ou o Parque Natural de Carreirón,
no que se atopa a ensenada Brava, con un muíño
de marea de gran valor etnográfico, e varios observatorios
de aves marinas e de ribeira.
Ocio e deporte
Praias coma as do Vao, Camaxo, Camaxiñas,
Cabadeiro, Area Secada, ou Pombas permiten tanto o descanso
como a práctica de deportes náuticos: Esquí
acuático, submarinismo, piragüismo, vela, surf,
windsurf...
Aínda que o deporte tradicional na illa
sexan as regatas de dornas, embarcacións artesanais de
gran tradición nesta ría.
|
Servizos ó cidadán
Trámites
|