Medio Ambiente e Participación Cidadá Dna. Gabrielle Frein Von Hundelshausen

MEDIO AMBIENTE

Dende a Concellería de medio ambiente de A Illa de Arousa, vimos promovendo desde fai bastante tempo o uso da reciclaxe entre tódolos veciños, e queremosvos compartir un breve guión para levar a cabo este cometido.

  • Ademáis somos pioneros na compostaxe doméstica no ámbito galego, que é un sistema eficaz de reducción e reciclaxe dos residuos orgánicos domésticos.
  • Nestes momentos contamos con mais de 450 composteiros na Illa de Arousa, o segundo de Galicia por número de habitantes, ofrecendo a todos estes un desconto no recibo da recollida de basura.
  • Todos os martes e xóves pódese recoller toxo para os usuarios do composteiro.
  • O Concello ademáis de dar un servicio ós veciños, tamén colabora para mellorar o monte e previr incendios.
  • O punto limpo está traballando dende o 2008.

As liñas de actuación a seguir durante a lexislatura que vai do 2015 ata o 2019 son as seguintes:

  • Recuperar as áreas degradadas na liña de costa urbana.
  • Promover a creación de voluntariado ambiental.
  • Continuar as medidas de aforro enerxético.
  • Impulsar a compostaxe e a reciclaxe con medidas de estímulo e bonificacións.
  • Continuar o desenvolvemento das sendas peonís.
  • Continuar coas actividades didácticas de sensibilización ambiental.

NORMAS DE USO DO PUNTO LIMPO A ILLA DE AROUSA

  • Depositaranse os residuos no seguinte horario:

Xoves de 08:30 a 13:30

Sábados de 08:30 a 12:00

  • Queda prohibido depositar calquera tipo de residuo na entrada do recinto. A entrega de calquera material farase nas condicións que a continuación se describen.

– Dentro do horario.

– O material estará previamente seleccionado.

– A persoa que realiza a entrega estará provista do D.N.I.

– Entregará o material á persoa responsable do punto limpo.

  • So se admitirán residuos xerados por particulares, quedando prohibida a entrada de residuos de orixe industrial.
  • Calquera infracción nas normas de emprego do punto limpo serán sancionadas de leves a graves cuns importes de 300 € ata 750 €, según o “Regulamento do punto limpo do Concello de A Illa de Arousa” publicado con fecha de 12 de Agosto de 2008., BOP nº 155.
  • Dito regulamento poderá consultarse no tabolerio de anuncios do punto limpo.

Outras das nosas liñas de traballo son:

  • Actividades de educación ambiental ca Concellería de Turismo da Xunta de Galicia.
  • Recollida de aceites de uso doméstico. Casi 1 litro por persona, entre os mellores de Galicia por media e habitante.
  • Sensibilización ambiental
  • Divulgación da Xestión Ambiental

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Consideramos que a participación cidadá é un dos pilares sobre os que se asenta o estado do benestar, polo cal queremos darlle a importancia que se merece a través de medidas como:

  • Ampliar o regulamento de participación cidadá.
  • Potenciar as canles de comunicación directa cos veciños e veciñas