O Concello recebe centos de novas peticións de veciños que queren sumarse a iniciativa.
FESTAS PATRONAIS DE SAN XULIÁN
O 7 e 8 de xaneiro teñen lugar as Festas Patronais, principalmente o 7 honrase ó patrón do lugar, San Xulián, coa celebración dunha misa seguida de procesión. É tradición que os veciños, engalanados con traxe e garabata, saian en grupos pola mañán a percorrer A Illa ata altas horas da madrugada.
FESTAS DO VERÁN E DO CARMEN
As Festas do Verán son un compendio de varias romerías que se celebran na segunda quincena do mes de xullo.
Durante cinco días (de mércores a domingo) homenaxéanse diferentes santos coas súas correspondentes misas e procesións, xogos, música e pola noite verbena:
FESTA DOS QUINTOS.
É unha romería que organizan os "Quintos" do ano que supostamente se incorporaban ó servizo militar
FESTA DE SAN RAMÓN.
Patrono das embarazadas e novos nacementos. É unha romería que ten lugar no Campo da Bousa, alí despois da misa e procesión, súbese para comer, cantar, bailar e festexar todos xuntos este día.
FESTA DE SAN ROQUE.
Romería adicada a este santo milagreiro para a curación de feridas e problemas óseos.
FESTA DO CARMEN.
O sábado teñen lugar os festexos en honor á Virxe do Carmen, patrona dos mariñeiros. É sin lugar a dudas o día máis importante para este pobo, coa procesión marítimo- terrestre e ofrenda floral que desde 1.948 se ven facendo como tradición.
Empeza este día coa saída da Virxe da Igrexa Parroquial até o Porto do Xufre omde se celebra unha misa solemne na súa honra, continúase co embarque da imaxe para a procesión marítima, ofrenda floral e posterior desembarco no Porto do Campo, regresando a imaxe á igrexa e recibindo por parte dos mariñeiros a despedida co canto da "Salve".
Xa pola noite a Comisión despídese coa verbena e rolda de fogos artificiais.
FESTA DE SAN ANTONIO.
O último día celebrase unha pequena romería como despedida a estas festas facendo como membros honoríficos ós nosos maiores.
Festa do Polbo
A Illa de Arousa rende homenaxe a un dos produtos máis coñecidos da súa gastronomía: o polbo. Na Festa do Polbo pódese degustar este esquisito cefalópodo cociñado de distintos xeitos; con patacas, na receita típica da Illa; á feira, o xeito tradicional das feiras galegas; en salsa; en vinagreta e en empanada. As casetas do polbo permanecen abertas de 11:00 a 16:30 e de 19:00 a 23:00.
O ANTROIDO
Festa de grande importancia para a xente do municipio, toda a súa poboación participa na creación de atrevidos disfraces e orixinais carrozas que lucirán desde o sábado até o Mércores de Cinza, continuando o Sábado de Piñata co desfile de carrozas e o domingo co Festival de Comparsas.
O Luns de Antroido é o máis destacado, xa que soe xuntarse moita xente dos arredores para participar nestos festexos ata altas horas da madrugada.