|
|
|
|
|
Rueiro
O Tempo
Praias
|
Saúdo do alcalde
Queridas amigas e amigos:
Como alcalde de A Illa de Arousa, quero darvos a benvida á paxina oficial do Concello, na cal desexo que atopedes tódala información que sexa do voso interese.
Coa certeza de que as novas tecnoloxías representan un medio fundamental para o desenvolvemento
cultural da sociedade na que vivimos, e que a súa utilización pon ó noso alcance un universo de posibilidades para achegar o Concello ós cidadáns, é o meu desexo que o noso sitio web serva para dar un pulo á sociedade da información no Concello de A Illa de Arousa.
Queremos recibir as vosas propostas e suxerencias, e fomentar
unha maior participación dos veciños e veciñas,
así mesmo esta páxina é o escaparate onde
amosar a beleza da nosa terra a tódalas persoas que desexen
visitarnos, e que poden atopar nesta web, datos de interese
para facilita-la súa visita.
Recibide un cordial saúdo.
|
Servizos ó cidadán
Trámites
|
|
|
|
|
|
|