Queda unha semana para a TERCEIRA  EDICIÓN DO CARREIRÓN 10K que A Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa está a organizar:

O Carreirón 10k, trátase dunha Carreira Popular que naceu fai un par de anos da iniciativa dun grupo de afecionados ao deporte e veciños de A Illa que, xunto coa Fundación Deportiva, tentaron recuperar unha antiga Carreira que se celebraba no noso Municipio.

A Carreira terá lugar o vindeiro día 7 de Maio (Día da Nai), é unha data que pretendemos manter no tempo, e terá un percorrido de 10 km aproximadamente ocupando a meirande parte pola costa Norte de A Illa de Arousa pasando por lugares de gran beleza paisaxística como o Cabodeiro, Xufre,  O Campelo, O Faro de Punta Cabalo, Area da Secada,…Polo tanto abranguerá diferentes tipos de terreo como Asfalto, paseo de madeira ou terra así como subidas e baixadas durante o percorrido.

As Dornas terán presencia unha vez mais na nosa proba, esta vez por terra, izaremos velas… posto que polo percorrido e concretamente nos km 1,9 , punta do Aguillón, 2,7 Cabodeiro, 4,8 Naval – avituallamento, 6,7 Faro e no lugar da meta e entrega de trofeos teremos algunhas das Dornas recuperadas da Asociación Cultural e Deportiva Dorna.

En canto ás  inscrición pecharán o próximo domingo 30 de abril  ás 23:59h.

Os inscritos esta mañá eran de 530 dun máximo de 600 (preto do 50% de A Illa).

Dende o mércores 26 están cubertas as 250 prazas que estaban dispoñibles para os menores de idade (50 máis que na edición anterior e seguimos quedándonos escasos):

68 PITUFOS

55 PREBENXAMÍNS

35 BENXAMÍNS

42 ALEVÍNS

36 INFANTÍS

11 CADETES

3 XUVENÍS

Sobre unhas 180 prazas son de A Illa + – o 72% do total dos menores de idade.

Se falamos da Carreira absoluta (o 10k), a proba estará limitada aos 350 participantes (50 máis que a edición anterior) adultos dos cales hai nestes intres 280 inscritos. Uns 83 (70 homes e 13 mulleres) son de A Illa, a carón do 30%.

O resto dos participantes veñen da comarca ( Cambados, Barrantes, Vilanova, Vilagarcía, Dena, Portonovo, Sanxenxo,…) do resto de Galicia (A Coruña, Arteixo,, Barro, Boqueixón, Boiro, Brión, Carnota, Narón, Porriño, Pontevedra, Vigo, Santiago, Monforte Tui, Ribadavia, Lugo, Ourense,…) e incluso hai representación de lugares como Salamanca, Guadarrama (Madrid), Las Palmas de Gran Canaria o Benasque (Huesca)…

Esperamos que disfruten do noso pobo con tódolos sentidos!!!

Na Fundación sempre priman as actividades adicadas ao Deporte Base, algo que prima nos fins da Fundación. Así pois, as carreiras para os mais pequenos son gratuítas e non haberá clasificacións posto que tódolos participantes contarán coa súa medalla e agasallos (augas, froita, yogures, mochilas, camisetas, gorras,…), doado todo polos colaboradores do carreirón sen os cales este evento non sería posible. Queremos facer que para os mais cativos… OCarreirón sexa un día de Festa e Deporte, esquecéndonos da parte competitiva e valorando o apartado participativo.

Xa no apartado dos maiores, haberá máis premios e trofeos por categorías pero tampouco queremos que esto sexa o máis destacado… Disfrutar da Paisaxe e da Xente de A Illa practicando un deporte de Moda como é o running é a base fundamental.

Haberá Camisetas e avituallamentos para os participantes

TROFEOS

1º CLASIFICADO/A XERAL

1º CARCAMÁN/A XERAL

1º, 2º E 3º CLASIFICADO MASCULINO POR CATEGORÍAS DA ABSOLUTA

1º , 2º E 3º CLASIFICADO FEMININO POR CATEGORÍAS DA ABSOLUTA

TROFEO E RAMO DE FLORES

1ª NAI XERAL (por tratarse do día da Nai)

TROFEO AO ANTEPENÚLTIMO (Para que o final tamén sexa disputado)

VALES DE COMPRA, ESTUCHES DE CONSERVA , PULSERAS DE PROHIBIDO RENDIRSE,…

 

Prohibido rendirse, por certo, acompañarános por segundo ano vendendo os seus productos para recaudar fondos  para diferentes causas concretamente este ano está axudando a unha asociación relacionada co deporte e persoas con dificultade fucional para a axuda na compra de bicicletas adaptadas.

Contamos con máis de 100 voluntarios para a realización deste evento. Algúns xa están a traballar na organización como os membros do Club de Punta Cabalo que xa forman parte da Organización,  e outros estarán para o día da carreira en cruces, avituallamento, montaxe,…. Mañán teremos a nosa primeira reunión  con eles aínda que xa levamos en contacto uns cantos días e dende aquí queremos abrir para que todo aquel que queira colaborar neste día, pode acercarse mañán ás 12 posto que cantos máis sexamos… mellor organizado estará todo para os deportistas.

 

Todo isto non sería posible se non estiveramos amparados por todas as agrupacións e institucións que forman parte de fundación como o CONCELLO, COFRARÍA DE PESCADORES, AGRUPACIÓN DE MEXILLOEIROS ILLA DE AROUSA así como polos patrocinadores que cada ano aparecen no cartel e os que non aparecen e tamén colaboran dalgún xeito.