Axenda
FESTAS DO VERÁN E DO CARMEN
As Festas do Verán son un compendio de varias romerías que se celebran na segunda quincena do mes de xullo. Durante cinco días (de mércores a domingo) homenaxéanse diferentes santos coas súas correspondentes misas e procesións, xogos, música e pola noite verbena: FESTA DOS QUINTOS. É unha romería que organizan os "Quintos" do ano que supostamente se incorporaban ó servizo militar FESTA DE SAN RAMÓN. Patrono das embarazadas e novos nacementos. É unha romería que ten lugar no Campo da Bousa, alí despois da misa e procesión, súbese para comer, cantar, bailar e festexar todos xuntos este día. FESTA DE SAN ROQUE. Romería adicada a este santo milagreiro para a curación de feridas e problemas óseos. FESTA DO CARMEN. O sábado teñen lugar os festexos en honor á Virxe do Carmen, patrona dos mariñeiros. É sin lugar a dudas o día máis importante para este pobo, coa procesión marítimo- terrestre e ofrenda floral que desde 1.948 se ven facendo como tradición. Empeza este día coa saída da Virxe da Igrexa Parroquial até o Porto do Xufre omde se celebra unha misa solemne na súa honra, continúase co embarque da imaxe para a procesión marítima, ofrenda floral e posterior desembarco no Porto do Campo, regresando a imaxe á igrexa e recibindo por parte dos mariñeiros a despedida co canto da "Salve". Xa pola noite a Comisión despídese coa verbena e rolda de fogos artificiais. FESTA DE SAN ANTONIO. O último día celebrase unha pequena romería como despedida a estas festas facendo como membros honoríficos ós nosos maiores. |
O Concello
O Municipio
Qué visitar
|
