Todo vai a pique na sociedade actual. Ou polo menos, iso parece. Protestar non vale, as eleccións tampouco, e a verdade é que isto ten mal amaño. Pero hai dous cerebros privilexiados que teñen a clave. ¿Para solucionar todo o problema? Non, oh. Iso é imposible. Pero para non calar a boca e sacudirlle (en sentido fgurado) aos responsables desta desfeita, si. Federico Pérez e Pepo Suevos fan un analítico percorrido por algún dos sectores máis golpeados pola ineficacia do sistema actual. Educación, sanidade ou cultura, sen esquecer a corrupción ou o problema das pensións, serán analizados con retranca, ollo crítico, e sobre todo humor. Moito humor. De todo tipo: verde, negro, branco,… E ademáis utilizando un formato novo, orixinal e áxil, que alterna a ficción coa realidade, e no que a participación do público vai ser fundamental. Os dous cómicos presentan un espectáculo que variará durante o transcurso do mesmo en función das propostas dos ocupantes das butacas, e que será polo tanto diferente en cada representación. A rapidez mental, os recursos escénicos, a bis cómica dos actores e a complicidade do público farán deste espectáculo unha experiencia imposible de esquecer para tódolos asistentes ao mesmo.

Data: Sábado 2 de Xuño

Hora: Ás 20:00 horas

Lugar: Auditorio Municipal de A Illa de Arousa

Prezo: A partir de 10€ en Ataquilla.com, Bar O Museo, Admon. de Loterías San Xulián e Gradisela Arousa.